26 julio 2012

Esperar.

Sentir que os días veñen e van. Que 140 caracteres son demasiados pra describir o paso das horas. Soidade. Tedio. Os días pasan demasiado despacio, as horas demasiado rápido. É difícil vivir así, rodeado de malas novas, de peores augurios.
A cámara sigue ao meu carón, anque ás veces semella cansa. Se cadra son eu. O bo de estar onde non queres, é facer o que queres. O malo, esa sensación constante de ser xulgado. De ser o santo, sen importar o que fagan os demáis. De facelo todo ben, anque dirán que o fas mal. Un reto.
É curioso descubrir que o auga non xira ao sentido contrario. Aquilo que cremos normal non o é. Ou si, pero non como esperamos.
Esa é outra, as cousas, esas nunca son como esperamos.
Asi que, de momento, decidín deixar de esperar.