11 febrero 2011

Reconstruccións

Escribiríate unha canción pero sería unha melodía desafinada. Un poema, mais non rimaría nin de lonxe. Un conto, pero sen inicio, nó nin desenlace. Diríate que me gustas, pero nen sequera te coñezo. Namáis teño teu nome, túa foto e ao sumo, túa árbore xenealóxica. A partires de ahí, reconstrúote nos meus soños, meus desexos e sobre todo, nas miñas frustracións. Iso sáeme ben. Iso sáeme rematadamente ben.