29 abril 2011

Equilibrismos

O pequeno violador de ilusións atacou esta noite. Di a crónica local que a súa última víctima, unha moza en idade de merecer pero cunha gran capacidade pra perder ese precioso tempo, apareceu facendo equilibrismos sobre a barandilla dunha ponte que divide a cidade en dous. A policía quixo saber se ía ou viña.
Ela non quixo saber ren.

13 abril 2011

Abandoados ao azar

Hoxe atopei un libro metido nun prástico. Estaba sobre un banco, enchoupándose. O prástico, que non o libro. Mirei ao meu redor e non había ninguén. Semellaba ter sido abandoado intencionadamente pra que alguén o collera. Alguén que non crera moito nin no azar, nin na sorte, nin nas casualidades. Pra que lle estivese ben empregado. Pra darlle unha lección.
Ben, pois ese alguén fun eu.