11 mayo 2011

Unha persoa baixo miña cama

Existe unha persoa baixo miña cama. É igual ca min, pero diferente. Ten o mesmo tamaño, o mesmo grosor. A súa voz é lixeiramente máis grave e, segundo entendín, é máis intelixente. Ao contrario do que me sucede a min, esa persoa que hai baixo a miña cama non ten medo a morrer. Parécelle de mal gusto, nada máis. Gústame esa persoa.
Coido que vouna convidar a cear.

06 mayo 2011

Vintetres

Hoxe cumplín 23 anos. Sempre dixen que gustaba de cumprir anos, que era sinal de experiencia, un bo sinal. Ata este ano, No que me decatei de que a experiencia vale máis ben pouco e que pasamonos a vida improvisando ante novas situacións que nunca sabemos moi ben como afrontar. E que, a trompicóns, torpemente, afrontamos.

Cumprir anos é iso. Cumprir anos. Decatarte das tuas equivocacións do pasado e prometerte que non o repetirás. Que a partir de hoxe, portaraste ben. Niso seméllase un pouco ao un de xaneiro. Pasas o día entre chamadas e felicitacións e o rematas non sen certa morriña, pensando que o tempo pasa e que aquilas cousas que dixeche que ías facer, siguen ahí, collendo po no caixón das intencións.
Parece tarde pra case todo…