21 noviembre 2005

Crise

Non, non foi por crise de identidade.O internaron porque a crise era a súa identidade. Ou porque a súa identidade era a crise. O caso e que o internaron. Lobotomizarono. Agora e un vexetal. Sen fotosíntese sequera.

Tormento

Ogallá tivese esa tranquilidade tua no ollar. Ese sorriso que transmite tanta paz. Ogallá este tormento fose tormento, pero menos. Supoño que ó teu carón todo sería máis doado. Supoño que o vento soplaría de cara. Pero algo escribiu a historia de outro xeito. Algo quixo decirme que non. Seguramente foron os anos por vir. E outras historias. E agora son tormento, como sempre o fun. Son quen escrebe en negro e vermello e con brocha gorda letras que quixeran ser palabras. Palabras que quixeran ser amor.

20 noviembre 2005

Adeus

Apenas reúne forzas. A terra traga as súas palabras. Qué difícil e dicir adeus, cando realmente o que se desexa dicir é "quédate ó meu carón". Para sempre. Por enriba de todo. E el quixera escribir unha historia chea de dignidade e orgullo, que lle axudara a cuspir este nó que ten na gorxa. Que lle indicara o camiño cara diante. E nembargantes, so se lle ocorre a canción máis triste do mundo. Esa que irrita os seus ollos e quebra a sua voz. O neno que hai nel chora so no patio. O inverno será frío.

15 noviembre 2005

Exigencias

Post visceral. Escrito sin pensar.
A veces pienso que se me exige demasiado. Que escuche cada neura, que sea hombro, abrazo, comprensión. Que esté siempre ahí. Que nunca falle. Que saque la sonrisa en el momento preciso. Que me ponga la nariz roja de payaso en el instante adecuado. Se me exige que no sufra, que no tenga nada que contar. Que no sienta y si lo siento, que no lo diga. Buena cara. Que tenga tiempo incluso cuando no lo tengo. Que haga piruetas con mi vida, por ayudar a los demás. Y siempre lo he hecho porque sí. Sin pedir nada a cambio. Sin flores. Sin pretensiones.Pero lo siento. G. es frágil. Y también necesita cariño. Compañía. Y tiempo. ¿Por qué os vais ahora?

Noz

Aquela nena, que non era tan nena, decidíu encerra-la súa vida nunha cáscara de noz para que ninguén poidera tocala. Dáballe pánico sufrir, e emporca-los preciosos vestidos que a súa nai lle fixera con feridas que non deixaran de sangrar. Un día, un home chamou ó timbre da súa cáscara. Vendía enciclopedias. Eso foi o que dixo. Mentíu. Pertencía a unha secta que tomou a vida da nena e meteuna nun cascarón aínda menor.



Despois de este retraso, publico algún post extra, xestados durante varios días pero que aínda non me atrevera a lelos nunha pantalla, este primeiro creceu hoxe na clase de cc.pp. grazas a unha frase de Carmen.