01 septiembre 2010

Tarta

A pequena vendedora de froitos secos puxo un anuncio por palabras pedindo a berros alguén con quen compartir unha tarta de boda. Non quería casarse, tan só os bonequiños decorativos. Presentáronse multitude de aspirantes, de tódalas formas e cores. Algúns foron descartados polo cheiro, outros, pola dentadura, a gran maioría por non saber pelar améndoas correctamente. Ningún lograba convencela gratamente, ata que apareceu o funcionario da administración das cousas pequenas, que curiosamente medía case dous metros e de cousa pequena tiña máis ben pouco. Cun pestanexar rítmico e un riso contaxioso conseguiu que a pequena vendedora o aceptara tal e como era.
Él comeu a tarta. E se non chega a darse presa a pequena vendedora de froitos secos, tamén se tería comido os bonequiños decorativos.