24 diciembre 2010

Aquel

Non me gusta nadar. Tampouco son moi destro pilotando tanques. É unha cuestión de visión do mundo, supoño. Por iso, as celebracións familiares teñen o seu aquel. Seu aquel sociolóxico, que non emotivo. A min a emotividade esquecéuseme na parada do autobús. As máis hipócritas, aquilas nas que ninguén se soporta, pero poñen cara de que todo está boísimo, esas si que son xugosas.
E non o cordeiro pasado de rosca que están a comer.

14 diciembre 2010

Europa

Estiven de viaxe. Cheguei a Roma. Pasei por Marseille, Monaco e Firenze. Voltei por Barcelona. Voltei. Si. Todo sigue igual.
Anque todo podería ser diferente.
Europa é así.

Nota: aínda non están tódalas fotos. Necesitarei uns días. Máis.

01 diciembre 2010

Estabilidades

Anotación mental rápida:
A estabilidade está sobrevalorada. Amósannola dende que somos crios como A GRAN META MAIÚSCULA. Traballo, casa, coche, nenos. A estabilidade está sobrevalorada e nembargantes, edúcannos únicamente pra aspirar a ela. Non somos quen de manexarnos neste mundo cambiante, cheo de relacións endebles cos demáis, co governo e con nos mesmos. Non nos din que todo é unha gran mentira. Que é unha falsa paz entre treboada e treboada.
Por que?