23 noviembre 2009

Era tarde. Era noite. Facía frío. Era A Coruña.
Estaba perdido nunha cidade que non coñezo. Chovía. Entrei nunha cervexería, quería facer algo de tempo ata que escampara. Sentei na barra, pedín algo. De fondo, soaban uns versos de Sabina, o seu carraspeo entre as voces da xente era inconfundible.
Botei unha ollada, moita xente, demasiada para min, pero no outro extremo, ainda divisaba a choiva. As paredes, decoradas ao mais puro estilo dos pubs irlandeses, madeira e cousas inutiles, adornado, iso si, cun par de plasmas colgados, nos que Joaquín danzaba co seu sombreiro.
Debaixo de Joaquín, estaba ela.
Era loira, parecía guapa. Descubríume mirándoa, sorriu. Decidín achegarme.
Levaba un vaquero ceñido e unha camisa branca, que lle sentaban realmente ben, e uns ollos que, cando os mirabas, sentíaste comprendido, brilaban, eran calidos, e sorrían.
Saudeina. Díxome o seu nome. Fíxome un oco, e estivemos falando un tempo, sobre o pouco que me gusta esa cidade, sobre o moito que chove e canto me agobia o tráfico. Decidiu que sería a guía da cidade, que íame demostrar que non era tan terrible. Calzouse unha chaqueta negra, sorriu e colleume da man, empurrandome fora do bar.
Era un pequeno ciclón loiro, sorría e camiñaba, camiñaba e sorría, falaba, descubríame lugares, contabame segredos. Eu, so podía ir detras e sorrir, ninguen poderia negarlle algo a esa mirada, a esa voz...

A visita tocaba ao fin, acompañeite á porta da casa, sorrías, eu tamén, Coruña non era tan terrible despois de todo. Díxencho. Botácheste a rir. É tarde, dixeches. Agachei para darte dous bicos, recibín un. Todo ía máis rapido en min cando os teus beizos me rozaron, porque so foi eso, un pequeno roce, mentres a miña mente bulía e o meu corazón desbocábase.
Non dixeches máis que unha breve risa fedella, e metícheste na casa. Deixaches a porta aberta
Titubeei. Empurrei a porta. Ao final do pasillo, unha luz. Achegueime, alí estabas, de pe, fronte a min, os teus grandes ollos mirándome.
Observeite. Tiñas o pelo algo mollado e alborotado, e algun mechón caía pola cara, os ollos mirábanme, e ruborizábanme e descabalgábanme o corazón ao tempo, os beizos, entreabertos, parecian pedir que os bicara, a camisa, algo mollada, seguía ahí, anque un pouco descolocada, deixándome imaxinar o teu pescozo; o pantalón, xa non estaba, no seu lugar, a camisa convertérase nun elegante vestido de noite, e por zapatos, uns calcetíns.
Bicáchesme, mordíchesme un beizo, dixeches algo. Fíxome gracia. Bicáchesme no pescozo, perdín o sentido. O único que sentía eran os teus beizos rozándome, suaves, carnosos, e os teus dentes, rabuñándome o pescozo, mentres o teu perfume abrazábame por completo. Era teu.
mordíchesme a orella, e susurráchesme no oído, o teu alento, quente, puxome a pel de galiña.
Apartácheste. Apagaches a luz, a luz da lúa dábache de cheo na cara, deixara de chover. Díxencho, mofácheste de min e sorriches. Sorrín, quixen bicarte, pero dícheste a volta.
Camiñaches cara o centro da habitación, deixaches caer a camisa polos brazos. A lúa pintábate de branco as costas, a miña mente trasladouse a un mundo calido, a un mundo suave, imaxinaba como seria tocala, imaxinaba o tacto da tua pel...
Esforceime por voltar ao mundo. Desviei a vista cara a tua sombra. A túa silueta debuxábase na parede, gustaríame tela na miña habitación. A sombra parecia bailar para min, observeina, descubrin o teu peito, desliceime pola curva que debuxaba a tua espalda na parede, tropecei na camisa e caín nos teus pes.
Levaban aínda os calcetíns, facíame gracia, subin polas pernas, pareceronme infinitas. Levabas o que quedaba dun bonito conxunto negro. Xirácheste, chamáchesme. Como enfeitizado, achegueime. Sentín o teu perfume outra vez, mentres un dedo apoiabase no meu peito. Mordiches o beizo, mentres os teus ollos queimábanme. Deixaches caer o dedo, ata facerte coa miña camiseta. Sentinme vulnerable, mais os teus beizos quitaronme o medo. Sabías doce. Bicáchesme no peito, o calor da tua boca enmarañabame as ideas. Sentín a túa língua. Achegueime a ti, perseguinte ata topar cunha parede, collíchesme as mans mentres lancei a miña boca contra o teu pescozo. Agora si, o teu perfume era o unico que era capaz de sentir, rodeábame, embriagábame, bailaba comigo, e roubábame a inocencia unha e outra vez.
Biquei o teu pescozo, mordino, perseguindo o calor do teu corpo tropecei coa curva que debuxaba, e que me levaba á clavícula, debuxeina cos meus beizos, e voltei aos teus.
Separeime de ti e mireite, mireite sen disimulo; a pel, branca, invitaba a tocala unha e outra vez, a bicala, a rozala...o peito, redondo, perfecto, parecía pintado, semellaba que o puxera ahí o capricho dun artista. Quixen bicalo, mireite aos ollos. Sorríches, coa boca entreaberta, e os pechaches. Achegueime ao peito. Podía sentirte respirar, case podía sentir o teu corazón, tentando ir máis rapido ca o meu. Deixaches escapar un pequeno xemido, percorrín o camiño entre o peito e os teus beizos cos meus, mentres a miña man tropezaba co teu embigo. Apenas rocei os teus beizos, mentres sentía que me desabrochabas o pantalón. Abriches os ollos, inmensos, enormes, preciosos, e empurráchesme. Empurráchesme. Con ganas. Trastabillei e fun caer sobre a cama. Botácheste sobre min, o teu pelo enredábame co teu sorriso, sentía o calor do teu corpo, o meu corazón non podía ir máis rapido, mentres sentía os teus dentes no meu pescozo, e as túas mans sobre o meu peito. Volveu a chover, pero atopábame no lugar mais seguro do mundo.
Agora comeza a bater o sol na miña cara, aínda sinto o teu perfume, na miña mente agólpanse as sensacións da noite, o tacto da tua pel, os teus bicos...
O único que penso antes de abrir os ollos é que ogallá sigas ahí.
E que ogallá teñas café.

10 julio 2009

Espertoulle o sol batendo na cara. Abriu un ollo. A habitación olía a alcohol, tabaco...e café. Incorporouse, e na mesilla atopou unha cunca de café. Colleuna, estaba fría. Baixo ela, atopou un papel dobrado pola metade, abriuno, e atopouse cuns preciosos beizos marcados nun vermello suave... quixo lembrar...era tarde, moito. Arredor das 4 da mañá ou así. Saudouna no alboroto do pub, o seu nome perdeuse entre acordes do Tainted love. Ulía doce, pero agradable. Levaba un bonito vestido, como unha preciosa golosina. Ulía doce. Entre risas e xestos saíron do pub, e presentaronse as linguas de camiño á casa.
Ergueuse, coa esperanza de atopala nalgun recuncho da casa. Nada, salvo os restos dunha cunca de café na cociña, marcada coa mesma cor dos beizos, entrou no baño, con sorte unha ducha poría as ideas en orde. Quería voltar a vela. Ulía ben.
Ao mirase no espello, descubriu os restos da noite, unhas boas marcas baixo os ollos, que facían xogo coas que adornaban o corpo.
Entraban no piso, notou os seus dentes no pescozo. Ulía ben. Dixolle "quero coñecerte", mentres deixaba caer un tirante do vestido, deixando ver un peito perfecto, redondo, ben feito, coronado cun suxerente lunar. Chegaron ao dormitorio mentres el perdía o resto da roupa.
Saiu da ducha. No lavabo, o pintabeizos. Volvera por el? buscouentre as suas cousas. Nada, nin un número nin nada. No mobil tampouco. Colleu un cigarro e foi á fiestra.
Ela roubaralle cigarros. Roubaralle cigarros, e logo bailaba sobre el, espida, con esa cor nin branca nin morena dos primeiros dias de xullo, bailaba sobre el, os peitos arriba e abaixo, redondos, acompasados coa respiración, e co que sentían. Ela miraballe, el admirabaa dende a súa posición. Os beizos, perfectos, o pescozo, terso e interesante, o ventre liso coma o mar que miraba dende a fiestra. Os ollos, escuros. As pernas suaves. E aínda así, non era capaz de completar o rostro que bicara a noite anterior, o corpo que percorreu con precisión estaba borroso na sua mente.
Namorara, pero non sabía máis dela. Ulía ben.

03 junio 2009

Matar





Observounos dende a outra beira da rúa. Prendeu un cigarrillo e desapareceu baixo a choiva. Alguén dixolle que o seu era outro camiño. Outra guerra. Outra historia. Habería que voltar a comezar de cero.
Matando co esquencemento o que non se matou con amor.

02 junio 2009

Intentalo




Non tiñan nada en común. Nin a música, nin a comida, nin o cine. Nin as amizades, nin a inclinación política...
Él, tan liberal; ela, conservadora.
E ahí estaban, mirándose, entre odios e rencores, e espíndose co ollar, él, buscandolle os lunares a esa pija, ela, buscándolle cicatrices ao pintas ese.
Todo o máis, algún debate, encendido, nos tempos do instituto, algunha charla breve entre clase e clase; e agora unha charla breve, e non fixo falla debate para encenderse...
Entre empurróns, algúns golpes, e algún mordisco, chegaron a unha habitación, discretos, cómo para que se enterara alguén...
-así son as vosas covas?
-cala e dame un bico!
e así, entre bicos con sabor a sangue, a odio, a paixón, chegaban á conclusión de que esto non podía ser, de que é unha estupidez, e de que hai que frealo...mentres que a man dela rabúñalle o peito facendo desaparecer a camiseta, pensa que ten que escapar de ahí canto antes, que qué carallo pinta él con esa tipa; e o corpo decide ao tempo deslizar uns dedos polo hombro, facéndolle caer as tiras do suxeitador...
Sen piedade, botao contra a parede...os dentes no pescozo, e o sabor acedo na boca...unha man no pelo, con forza, dirixíndolle a cabeza...él, non queda atrás, e faina xirar, agora é ela a que esta contra a parede, de espaldas, o seu alento sobre a caluga, preto, moi preto (que fago eu con este tipo, foder!) as suas mans baixan e con tento, desfanse do suxeitador, nota a fría parede contra o peito, e bota as mans cara atrás deixándose levar, tentando tocalo...os seus dedos xoguetean co broche dos vaqueiros, gastados, e el apretaa aínda máis contra a parede mentres lle morde o pescozo...
Dun empurron, ela záfase del, e volve ao ataque, xogueteando co pantalon, mentres cos seus dedos nota o calor do peito del, e o esvaradizo do seu corpo...(non o fai mal, o imbécil este...de que se rí?)
-de que ris?
-moito me miras...se cadra non te disgusto tanto...
-se non foses tan gilipollas...cando calas es máis interesante...
cóllea, e apretaa contra si, peito contra peito, sentindo as suas respiracións, case acompasadas, aceleradas, e con tento comeza a desabotoarlle os pantalóns; ela deixase facer...o xusto, para deixarlle a mel nos beizos...sorrí, e empúrrao contra a cama...agora é ela a que manda...despacio desabotoalle os vaqueiros; observao...sube ata a sua boca...
-para ser un punkarra non estas tan mal, oes?
antes de conseguir contestar, mórdenlle a lingua, nunha reinterpretación dos bicos, como cando un bo roqueiro reinterpreta música clásica, como Paganini nas cordas de Malmsteen. Él záfase...
-censora! deixame expresarme!
-non é momento dun mítin, oíches! na mesilla tes un mp3, pon algo de música...
-a ver que merda tes...
mentres tenta chegar ao pequeno reproductor da mesilla, ela non perde o tempo, e comeza a xoguetear co elástico da roupa interior...ata que da roupa interior, so queda o recordo marcado na pel...
Comezan a escoitarse anacos de cancións pop, un tras outro, mentres ela observa o corpo do rapaz, brillante pola suor, axitado, reaccionando á súa lingua...
interrumpea unha melodia que descoñece, e un sorriso na cara del.
-que pasa?
-por que?
-sorrís e...que carallo soa?
-eso, querida, é Steve Vai; para ti, o Señor Steve Vai, e sorrío porque non te imaxinaba tan capaz...
-imbécil...ti si es como os teus, de mirar moi ben, agora traballar...
collea pola cintura e acercaa canda si; agora é el o que esta sobre ela...observaa e comeza a bicala, a debuxala coa lingua, percórrea dende os hombros, os brazos, o embigo, o ventre, gústalle ese sabor, entre acre e doce, do corpo e o súor, e sube despacio a lingua cara un peito que sube e baixa acelerado, nota unhas mans na espalda e, áxil, suxeitaas cunha man, aprisionándoa...
-cabrón!
bícalle o pescozo, o queixo, achégase á orella
-algúnha queixa?
coa man libre deslízalle o que lle queda de pantalón, e escorre a man entre a roupa interior dela...
-primeiro chamasme vago, e agora queixáste porque traballo?asi vai...
-cala e sigue ao teu, foder!
ao pouco, ela non quere aguantar máis, céivase da man, e collendoo do pelo o trae canda si
-se estás aquí é para pegar un polvo, así que non perdas tempo...
-como te gusta mandar...
axítanse, móvense, caen da cama...
-foder, vasme deixar calvo!
-cala e móvete!
-eso fago, se non me desgracias antes...
habilmente, ela consigue poñerse enriba...mírao, e, adrede, crávalle as unllas no peito...do rábuñazo gotean unhas pequenas pingas de sangue...que el recolle co dedo, paa pintar entre os peitos dela...
Entre dentes, di: "o sangue é vermello..." non pode dicir máis porque ela enreda a súa lingua, mentres cada vez convírtense máis nun pequeno ciclón que atravesa o cuarto, removendoo todo.
-e agora de que ris?
-hai que limpar máis debaixo da cama, neniña...
-se calas dunha puta vez e me follas?
-ti mandas...
en pouco rato, reina a calma na habitación, interrompida so pola respiración, axitada dos rapaces, que se miran, con esa mirada estúpida coa que todos intentamos seducir, mezclada co rencor, e coa excitación propia da situación...
-bueno, para ser unha pija, non o fixeches tan mal...
-por que sigues espido?por que sigues aqui?
-hostias, nin de almorzar pensas darme?un groliño de auga?
-lárgate!
sorrín, e con ese mesmo sorriso, recollen os restos da loita e despídense.
Cada un durmirá na súa casa. Despois de tantos anos, aínda somos tan gilipollas como para non ser capaces de tragar co orguio, como para ser capaces de soltar unha boa palabra, como para esquencer rencillas estúpidas, como para querer a outra persoa.
Ou non, pero polo menos, intentalo.

02 mayo 2009

Tartaruga




Eu son aquela tartaruga que meteu primeiro as mans, logo suas patas e finalmente a cabeza dentro do caparazón, co ánimo de descubrir que tiña alá dentro. Só atopei escuridade e certo cheiro húmido, oco e vello que non puiden soportar.

27 marzo 2009

Excesos



Con aquela muller, viviu unha relación platónica desas que se franquean en destino. Que ao final correos devolve porque o destinatario xa non existe ou marchou. Unha relación desas de difícil dixestión. De Almax Forte. Os excesos sempre veñen da man da frustración.
Os desexos sempre veñen dunha muller fatal.

12 marzo 2009

Costa




Sei que pese a todo, pese a tódolos sorrisos e cada unha das bágoas, pagou a pena vivilo. Agora toca coller un camiño lateral, para abrir novas ramas e sentarse cunha copa de viño nalgún peirao da costa norte, con abrigos, bufandas e sol. Agardando que, ao noso xeito, volvamos a ser xoves, guapos e famosos algunha outra vez.

Duro




Incerta e pouco probable historia negra de Rusia en tetra brik:

Temos que agradecer a Revolución Rusa á raíña Victoria de Inglaterra por transmitir a hemofilia ao heredero Alexei Romanov. O cal trouxo a contratación de Rasputín e unha serie de decisións políticas que puxeron ao pobo de excelente humor. Pero a raíña non previu que demo habería que facer co Stalin. Que, por certo, tamén era un neno mimado pola súa nai. E cun pai coa man longa. Que sufría paranoia e ía para cura. Que non sei que é peor. O curioso segue a ser o de Anastasia, que apareceu cun perfecto acento de Oklahoma anos despois, presentándose en sociedade. ¿E no Hola? Cando o seu corpo xa está atopado e recoñecido, ADN bendito. Vaia mentirosa. Debería ter escollido outra, porque falta a súa irmá (non sei cal) e Alexei. Pero por este non damos un duro. Claro.
¿E todo esto a santo de qué? Hoxe non quero falar de min mesmo.

Mundo



Facémonos maiores. Demasiado grandes para xogar, pequenos para loitar. Miramos cara atrás con nostalxia, e con recelo. Os anos da mirada limpa quedan alí, e ao mirar agora descubrimos que non somos nenos para xogar, se non que como calquera can, amaestrannos para loitar. Xogamos ás guerras. Xogamos a ser maiores, mentres eles xogaban coa nosa infancia. E agora, que queda? Loitar, loitar, loitar. Non temos un futuro bonito, nin sequera temos un futuro, o ceo está escuro, e non se prevén nubes e claros...a tormenta está preto.
Loitemos, construámonos o noso mundo á nosa medida, un mundo pequeno, pero tranquilo. Un mundo con vistas ao mar.
Mentres; as palabras son o único que me queda para xogar.

Eixo



O mundo xira arredor dun eixo que o cruza de norte a sur. Ás veces teño a sensación de que existe outro que nos atravesa a ti e a mín. Que nos fai caer fulminados nunha tensa guerra de malentendidos, frustracións e silencios. Fainos humáns.
Odiarnos e amarnos.
Darnos vida.
E finalmente, matarnos.

Explicacións



Se nunha milésima de segundo poidera cambiar a miña historia posiblemente non estaría aquí nin sería eu, se non alguén que habita nalgún lugar remoto do planeta, pedindo explicacións a, que sei eu, un cocotero. Entón é cando decátome de que realmente, repetiría aquilo que pretendín cambiar naquela milésima de segundo, na que se poidera cambiar algo, estaría no outro extremo da terra pedindo explicacións a, qué sei eu, un mexilón, para finalmente decatarme que aquela milésima de segundo, realmente non cambiou nada, e que se o tivera feito, agora atoparíame nalgún furado do mundo, pedindo explicacións…