27 marzo 2009

Excesos



Con aquela muller, viviu unha relación platónica desas que se franquean en destino. Que ao final correos devolve porque o destinatario xa non existe ou marchou. Unha relación desas de difícil dixestión. De Almax Forte. Os excesos sempre veñen da man da frustración.
Os desexos sempre veñen dunha muller fatal.

12 marzo 2009

Costa




Sei que pese a todo, pese a tódolos sorrisos e cada unha das bágoas, pagou a pena vivilo. Agora toca coller un camiño lateral, para abrir novas ramas e sentarse cunha copa de viño nalgún peirao da costa norte, con abrigos, bufandas e sol. Agardando que, ao noso xeito, volvamos a ser xoves, guapos e famosos algunha outra vez.

Duro




Incerta e pouco probable historia negra de Rusia en tetra brik:

Temos que agradecer a Revolución Rusa á raíña Victoria de Inglaterra por transmitir a hemofilia ao heredero Alexei Romanov. O cal trouxo a contratación de Rasputín e unha serie de decisións políticas que puxeron ao pobo de excelente humor. Pero a raíña non previu que demo habería que facer co Stalin. Que, por certo, tamén era un neno mimado pola súa nai. E cun pai coa man longa. Que sufría paranoia e ía para cura. Que non sei que é peor. O curioso segue a ser o de Anastasia, que apareceu cun perfecto acento de Oklahoma anos despois, presentándose en sociedade. ¿E no Hola? Cando o seu corpo xa está atopado e recoñecido, ADN bendito. Vaia mentirosa. Debería ter escollido outra, porque falta a súa irmá (non sei cal) e Alexei. Pero por este non damos un duro. Claro.
¿E todo esto a santo de qué? Hoxe non quero falar de min mesmo.

Mundo



Facémonos maiores. Demasiado grandes para xogar, pequenos para loitar. Miramos cara atrás con nostalxia, e con recelo. Os anos da mirada limpa quedan alí, e ao mirar agora descubrimos que non somos nenos para xogar, se non que como calquera can, amaestrannos para loitar. Xogamos ás guerras. Xogamos a ser maiores, mentres eles xogaban coa nosa infancia. E agora, que queda? Loitar, loitar, loitar. Non temos un futuro bonito, nin sequera temos un futuro, o ceo está escuro, e non se prevén nubes e claros...a tormenta está preto.
Loitemos, construámonos o noso mundo á nosa medida, un mundo pequeno, pero tranquilo. Un mundo con vistas ao mar.
Mentres; as palabras son o único que me queda para xogar.

Eixo



O mundo xira arredor dun eixo que o cruza de norte a sur. Ás veces teño a sensación de que existe outro que nos atravesa a ti e a mín. Que nos fai caer fulminados nunha tensa guerra de malentendidos, frustracións e silencios. Fainos humáns.
Odiarnos e amarnos.
Darnos vida.
E finalmente, matarnos.

Explicacións



Se nunha milésima de segundo poidera cambiar a miña historia posiblemente non estaría aquí nin sería eu, se non alguén que habita nalgún lugar remoto do planeta, pedindo explicacións a, que sei eu, un cocotero. Entón é cando decátome de que realmente, repetiría aquilo que pretendín cambiar naquela milésima de segundo, na que se poidera cambiar algo, estaría no outro extremo da terra pedindo explicacións a, qué sei eu, un mexilón, para finalmente decatarme que aquela milésima de segundo, realmente non cambiou nada, e que se o tivera feito, agora atoparíame nalgún furado do mundo, pedindo explicacións…