30 abril 2010

Alcantarillas

E mentras os coches arden en París, ti e máis eu botamos a correr polas alcantarillas. Escapando, tropezando, manchándonos con este mundo que construímos. Porque sempre gustounos o son do fuxir cobarde. Dimite. Cesa. Disolve. Retírate pra sempre da vida pública, impúdica, púbica.
Somos uns grandísimos fillos de puta.
Merda.

29 abril 2010

Nostalxias

Ainda non se sabe moi ben o porque pero fannos separar con múltiples comas e engadirnos puntos suspensivos cando o que realmente desexamos é o punto e aparte ou o punto final, se me apuras, que construa o abismo entre o que fumos e o que somos. Hai xente, á que coñezo dende hai moitos anos, cando chovía máis que agora e eu levaba chándales de lá feitos pola miña nai, que aferranse á nostalxia para non afrontar o seu propio destino. A nostalxia é só para as festas esporádicas bañadas en alcol e fundidas en apertas. Para a rutina diaria, prefiro a improvisación.

28 abril 2010

Conta

Levo días contando os días, ou contando as nubes e as pedras que se soltan ós meus pes. Levo horas vivindo a deshoras e deixando as cousas a medio facer. Conto veces de feitos desfeitos, de momentos mostaza de intenso sabor. Se queres ou quéresme ou se queres máis e peor, conta contos aos nenos que non virán á tua alcoba, que non se despegarán do tubo do televisor. Conta atrás se queres, pero polo que máis queras, conta.Conta forte.

21 abril 2010

Resumo

Resumiría a miña vida tanto, que so quedaría nunha palabra. Variable. Seguramente, incomprensible.

20 abril 2010

Tamén

Polos pequenos momentos que te fan feliz. Por ese momento no que todo ule a ela, e a cabeza viaxa libre. Pola choiva durante un dia de calor. Por ese sorriso sincero que chega ata dentro. Por romperte a ialma facendo o que queres. Polas palabras axeitadas no momento xusto. Polas palomitas da película. Polos silencios nos que se dí todo. Ou por falar e falar cando sabes a resposta.
Por todo iso, sigo eiquí.
E por ti, tamén.

19 abril 2010

Éxito

Dividíronnos en dous grupos. Os que valían e os que non. Así foi como xamáis cantei no coro do colexio. Cando saín do salón de actos, vin a outros defenestrados coma min. Algúns berreaban en pura pataleta. De ahí naceu o punk. Outros, con catro latas de Fanta baleiras e unha corrente eléctrica crearon o tecno. Fixeron moitos cartos estando calados. Eu non fixen nada. Sentei na beirarúa, mirando ao infinito. Con madura dignidade. Sobria enteireza. Rodaban a miña primeira película.
Todo un éxito do xénero adolescente.

18 abril 2010

Incompostura

Hoxe, mentres chovía nas rúas, mentres soaba o retrouso de Reptilia de The Strokes nos meus oídos, hoxe mentres algo dentro de min era calado por iso que nos ensinaron ao longo de varios séculos de educación e cultura chamado compostura, mentres todo eso e moito máis ocorría nas esquinas, as vidas, os momentos, o que realmente apetecíame era berrarlles. Un berro visceral, doloroso e dolorido. Apetecíame liarme a ostias. Ostias visceráis, dolorosas e dolidas. Facer unha última chamada dende a comisaría (esa única chamada que te deixan facer), para dicirlles que gracias, que entre todos lográmolo.
Por fin arruinei a miña vida.

17 abril 2010

Pistas

5 pistas para entender un momento:
- Se as miñas horas están contadas, pregúntome cantas son, e quen leva a conta.
- Quero ser maior para saber máis do que agora sei e ter unha bata branca.
- Hai algo en min que está a cambiar. Vin un anaco de pel no lavabo.
- Acudirei a terapia de grupo con robots. Todos dirán que me queren. Bueno, algún xa o dirá. Vamos, digo eu.
- Calquer día de estos, ofrezolles unha pirueta. Non, piruleta, non. Pirueta.

16 abril 2010

Aritméticas

Perdóame se hoxe teño o día cruzado en diagonal. Se dame rabia que haxa persoas que inmerecidamente naceran verticalmente, de pé. Ou se o que máis desexo é estar en posición horizontal. Perdóame a miña brusquedade contestona, miñas rosmas sociais. Miñas tanxentes e miñas extranas aritméticas internas.
Si é que entendo que non se me entenda. Son un peñazo.

15 abril 2010

Carta

Algún día, naquel buzón a medio soterrar na praia, aparecerá unha carta. Cecáis sexa pra min. Cecáis a escribira eu. Cecáis non teña mais senso que o permanecer alí.
Manchada de óxido e esquencemento. Eso é o que somos. Pedazos de tempo que ven e vai, que deixan débedas onde cren deixar lembranzas.
Un remitente inseguro. Unha post data absurda. Non somos máis.

14 abril 2010

Gruyère

Eu, que sempre gozei dunha excelente memoria, atópome con que se me enchiu de buratos coma un queixo gruyère. Non lembro onde deixo as cousas, que é o que teño que facer, e a ultima moda é non atopar a palabra, sempre bastante sinxela, que desexo empregar.
Levo uns días que non me sae dicir "disciplina". Supoño que algo quererá dicir.

13 abril 2010

Cruzados

Un luns en Chernobyl mentres o ceo segue gris verdoso e a xente minte:
a. Podería devolver a conexión i establecer unha carta de axuste na que soaran os Concertos de Brandenburgo unha e outra vez.
b. Podería poñer zancadillas, desas cuxo golpe doe nos dentes.
c. Podería deleitar ao meu público coa miña nova colección de sarcasmos insoportables que me convirten nunha persoa odiosa.
d. Podería mandarte á merda por ser gilipollas comigo.
Pero hoxe non. Hoxe simplemente quedo aquí, de brazos cruzados.

12 abril 2010

Naufraxio

Ademáis do famoso naufraxio do Titanic, houbo outros. Morais, fatais, letais, mortais.
Esta non é a súa testemuña. Pero podería.

11 abril 2010

Resposta

Hai veces nas que o encerro nun mesmo faise tal, que todo molesta, e todo incomoda. Non me apetece respostar a cuestións, namais recibir respostas, pero das que sirven. Das que implican, dan unha volta á acción, cambian as circunstancias, poñen os puntos sobre os íes. Se van a ser vans, que non levan a nada, e que supoñen menos, que non mas den. Desas non quero saber ren. De feito, séntanme mal.

10 abril 2010

Pegadas

Deixamos pegadas efímeras que o vento leva con facilidade. Que non resisten o tempo, nin o esquencemento. Que non soportan que xa non as mires máis. Deixamos pegadas que hoxe están aquí pero mañá non existirán.
Se unha vez sucedeu que vivimos, ninguén o tomará demasiado en serio.

09 abril 2010

Cambio

É primavera pero non o é tanto. Incluso hoxe, que saiu o sol, non parece un día soleado. Esta cidade xa non é a mesma, nin recoñezo a aquelos que están ao meu redor. Alguén pedíu que se cambiaran as cousas de sitio.
Fuches ti? Non o comprendo.

08 abril 2010

Mitoloxía

Ao final do pasillo atópase Penélope, coa fea decadencia do esquencemento, tecindo buratos imaxinarios, que destrúe e reconstrúe, unha e outra vez, á espera de que seu Ulises volte da súa rutinal laboral, esa que lle absorbe o tempo e as entrañas.
Mentres, Telémaco, que está a engordar de non facer nada, non sabe se ser un cobarde camuflado de heroe coma seu pai, ou lanzarse a unha piscina baleira, de cabeza, e facendo unha pirueta no ceo.
Eso si, cun inútil flotador posto. Por se acaso.

07 abril 2010

Dinámicos

Xamáis me considerei un geek. Primeiro, porque non sabia o que significaba. Logo, porque nunca o fun e descoñezo o que queren dicir un montón de palabras e siglas, conceptos e prácticas que se me escapan. Miña relación coas máquinas intelixentes (sic) estivo marcada pola paciencia que adoito ter con case todo e todos. Asi aprendín a facer cousas que nin imaxinei que fora quen de facer. Pero sobradamente alonxadas do nivel dalgúns blogues que teñen deseños desmoralizadoramente dinámicos (?), estéticos e prácticos. Esto é todo o que sabe facer un zote coma min.
A ver canto tardo en fastidialo.

06 abril 2010

Faragullas

Debería botar faragullas de pan para atopar o camiño de volta porque non sei eu, co mal que me oriento, se non vou acabar máis perdido aínda do que xa estou. Claro que algún paxarraco de mala morte as comerá o moi cabrón e a ver entón quen é a guapa que me saca a min en helicoptero do conflicto emocional no que me metin.
Así, sen máis.

05 abril 2010

04 abril 2010

Patriotismo

Extrano patriotismo ese que agarda á entrada dos recintos. Extrano, o que sinala, o que marca, o que decreta, coma un Deus castigador, quenes entrarán nos ceos e quenes empodrecerán nos infernos. O mundo está desorbitado preso dunha paixón tamén desorbitada.
E o malo é que non é amor. Senon odio irreconciliable.

03 abril 2010

Latexar

Teño as palpitacións a tres mil. Unha taquicardia que avanza polo meu corpo coma un exército presto a invadir terras alleas. Que ben. Co que me gusta esta sensación. En fin. Que sí, que vale, que as cousas son como son, pero organizándoas mellor poderían ser doutro xeito.
Poderían deixar vivir. Poderían latexar máis despacio.

02 abril 2010

Maratón

Hoxe tócame correr unha maratón. Xa teño meu dorsal. Non estou moi convencido das miñas zapatillas, pero son as únicas que teño. Hoxe tócame correr ata o amencer, ata que desfaleza, ata chegar a non se sabe que lugar. Aquel grego que caeu e calou, non sabía o que estaba a inventar.

01 abril 2010

Matización

Partindo da base de que non sei absolutamente nada de nada sobre a vida, as relacións, as persoas, os momentos nin as situacións, paréceme convinte facer unha pequena matización sobre o que pasa pola miña cabeza: só mantendo unha actitude aberta ao aprendizaxe e á constante mellora conseguirei facer algo medianamente produtivo.
Eso sí, como volva a pasarme tres pobos coa autocrítica doume de hostias. Por imbécil.