25 marzo 2010

Formspring

No meu continuo e noctámbulo ir e vir pola rede, caín no twitter, no blogue, nun facebook, no flick, no stumble upon…e infinidade máis que esquecín xa; a última (que non derradeira) é un formspring…
a cousa ven sendo que facedes preguntas, anónimas (se queredes) ás que eu tentarei contestar.
Así que adiante, receitas, o significado da vida, curiosidades, ou tonterias varias…atacade!

PS: para facilitar as cousas, tedes un pequeno atallo á dereita da pantalla, debaixo do queremos galego.

2 comentarios:

Monumento á estupidez dijo...

mm...e ben...


Como é que non logramos entendernos a nós mesmos...?? Poderemos comprendernos algunha vez?

Pobretolo dijo...

Todo o mundo se comprende…mais hai cousas que é mellor non comprender.