17 marzo 2010

Deitar

Sen ánimo de resultar pretencioso, teño a honra de ter un mosquito (ou será obra dun comando?) na miña cama que perforou todo o meu corpo, chuchoume o sangue e deixou como sinatura unha serie de montículos que pican, en sitios tan molestos coma as dedas dos pes ou os dedos da man. Sinceramente, preferiría deitarme noutra compaña.
Non, contigo, nin falalo, que non me deixas durmir.

No hay comentarios: