Quixera ter tempo pra explicar moitas cousas. Pra facer ver que hai cousas que non teñen importancia. E outras que si. Pra pedirche que confíes en quen che tende unha man. Ou que confíes, sen máis. En ti mesmo, sobre todo, anque equivocarás. Unha e outra vez. Pra advertirche que os desenganos doen, pero son parte da vida. Que hai xente que está de paso, e hai xente que ten que quedar. Que ás veces un sorriso ou un xesto fan moito máis que mil conversas na túa cabeza. Que vivir é superar un obstáculo tras outro tentando sorrir de cando en vez polo camiño. Que as cousas pequenas son as que fan a diferencia, e que hai outras que teñen que pasar, e terás que facer por soportalas. Que se cadra o mundo non se fixo á túa medida, e que con ese puto orgullo non chegarás a ningún lado. Que xa está ben de tanta gilipollez, que o teu é solucionar problemas, pero non precisamente os propios, e que ás veces non che quedará outra que buscar axuda. E querer. Querer porque, filliño, co desastre que es, as pintas que me levas e os anos que tes, se alguén ten o denodo de achegarse a ti, esa persoa, ademáis de unha aperta, merece ser querida.
Quixera poder contarche todo iso, pero debería aprendelo eu primeiro.
E ademáis fai moita calor.
Mostrando entradas con la etiqueta dores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dores. Mostrar todas las entradas
03 julio 2015
22 junio 2015
Titiritero.
Ao titiritero dos pequenos fantoches non lle apetecía contar ningunha historia hoxe, anque a pequena nena das pequenas zapatillas gastadas agardaba expectante na primeira fila.
O malo das historias -pensaba- é que non teñen vida per se, hai que darlles vida, ao igual ca os monicreques. Tamén é o bonito, claro, porque a mesma historia pode ser triste e leda en función do narrador. Pero quen vai contar unha historia cando ata as marionetas están introspectivas?
Aqueles que poden facerche feliz son as mesmas persoas que poden facerche chorar. Se cadra era unha frase boa, pero non moi axeitada pra o neno dos pequenos brackets (que levaba un bo disgusto porque a merenda de hoxe tiña marmelo e non Nocilla) que facía compaña na primeira fila á nena. Se cadra non, claro. Pero non está escrito que un neno non mereza saber esas cousas.
Así, o vello titiritero abriu o telón unha vez máis e contou unha historia de verdade, das que doen, das que rasgan, e das que abren ollos. Falou de ilusións, de oportunidades, de soños e de aventuras. De alegrías, e de tristezas. De que pra coñecer o mellor hai que asomarse ao peor. De momentos. Momentos. Con maiúscula, esos que se repiten cada noite cos ollos pechados. Falou de cicatrices e de sorrisos. Falou da súa vida e, ao rematar, un pequeno batallón de pais indignados asaltou ao pequeno contador de historias recriminándolle non ter contado a historia da Cincenta.
Que mágoa -pensou mentres recollía o teatrillo-, que a xente acepte antes á hipocresía que á vida.

04 septiembre 2011
Contar os mortos.
Un momento no que sentas nun banco á sombra, o pensas ben, moito e forte, e chegas á conclusión de que aqueles aos que chamabas "os meus" e aqueles cos que falabas d'"os nosos" desapareceron.
A escea complétase cun balcón no que alguén escoita unha aria de Wagner a un volume suficientemente alto como pra que podas recoñecela. Sen saber nada de ópera. Por algunha razón sempre tiveches certo aprecio ao Tannhäuser.
Realmente é o que pensas. Que o conseguiches. Perdiches. Nunca houbo posibilidade algunha de que gañaras. Conta os mortos. Os teus. Os de él. Contaos. Un a un.
É un xeito de seguir a vivir.

29 abril 2011
Equilibrismos
O pequeno violador de ilusións atacou esta noite. Di a crónica local que a súa última víctima, unha moza en idade de merecer pero cunha gran capacidade pra perder ese precioso tempo, apareceu facendo equilibrismos sobre a barandilla dunha ponte que divide a cidade en dous. A policía quixo saber se ía ou viña.
Ela non quixo saber ren.
Ela non quixo saber ren.
11 febrero 2011
Reconstruccións
Escribiríate unha canción pero sería unha melodía desafinada. Un poema, mais non rimaría nin de lonxe. Un conto, pero sen inicio, nó nin desenlace. Diríate que me gustas, pero nen sequera te coñezo. Namáis teño teu nome, túa foto e ao sumo, túa árbore xenealóxica. A partires de ahí, reconstrúote nos meus soños, meus desexos e sobre todo, nas miñas frustracións. Iso sáeme ben. Iso sáeme rematadamente ben.
25 enero 2011
A palabra.
Manexa o teléfono móbil de xeito inquedo. Ás veces escorrégaselle entre os dedos. Ás veces cáeselle. Perdeu toda a tarde agardando unha palabra súa. Unha palabra breve e sonora. Non, non perdeu toda a tarde. Perdeu toda a vida. Escoitando o eco imaxinario. A grafía inexistente. O alento improbable de esa palabra curta e concisa.
Ese, "vou" que agora apenas ten senso.
Ese, "vou" que agora apenas ten senso.
14 enero 2011
O tren
Fai anos que non caías por eiquí pero todo sigue igual. Vai o mesmo frío. Cecáis sexa algo máis humido esta vez. E ti tes máis anos, o cal non quere dicir que sepas máis. De feito, sabes menos. Sabes pouco e mal. Tes a sensación de que todo está onde o deixaches aquela vez. Papeleras, colillas e despedidas, todas están coma cando subiches a aquel tren que non ía a ningunha parte e polo que non miraches atrás. Agora si miras atrás. E tamén miras ao teu redor. E mias ás vías, que agardan o roce cálido das rodas. E miras ao xefe de estación, o uniforme deixa ver pequenas manchas de xenebra e frustración.
Din pola megafonía que o tren retrasará.
Din pola megafonía que o tren retrasará.
12 septiembre 2010
24 julio 2010
Descalzos
Onte á noite, sentei na herba e mirei ao ceo. Poucas estrelas. A xente berraba nas ruas. Eu, tomaba un refresco. Red Bull. Este é o mundo. Esta é a vida. Estos son os momentos. Hai cousas que podo cambiar, e hai cousas que non. O posible e o irremediable. Mirei meus pes descalzos. Vinme coma un neno, que ten ganas de xogar, e non atopa a ninguén no parque. Pensei que os únicos que me quedan son os descoñecidos.
Esos nunca me abandoan.
Esos nunca me abandoan.
23 julio 2010
Xeonllos
Cun engorroso ton melódico e infantil.
Non teño nin pajolera idea de como tratar ás persoas. E por enriba, estas fan o que queren comigo. Son do máis manexable e que ben, ademáis veño coa vulnerabilidade de regalo. Son o pequeno sobrino da cidade, que cando chega ao pobo, todo o mundo se encarga de que manche os xeonllos.
E a vida pasa. E os paxariños cantan.

22 julio 2010
Lista
Non sei se non poden verme chorar, ou simplemente non queren. Por se acaso, pecho a porta e convírtome en silencio. Hoxe a soidade leva meu nome na sua lista de conquistas. Ou na lista da compra. Que máis da.
21 julio 2010
Ovo duro
Cada noite, sentada no sofá, ela ceaba un ovo duro porque lembráballe a él. A aquel rapaz con casca e cuncha que nunca chegou a coñecer demasiado pero que tantas veces imaxinou. Algunhas noites sentía a tristeza de quen añora as cousas que xamáis lle aconteceron. Esas noites envolvía aquel ovo duro nunha aperta de xamón de York.
10 julio 2010
Dama
Tralo encontro, o cabaleiro abandoa o vello castelo. Obsérvase, e o que ve, non é o mesmo que viu a última vez que deixaba estas murallas. Sobre el píntanse mil cicatrices, mil marcas, o corpo xa non é o mesmo, e o camiño é máis duro agora. O Sangrial sigue ahí, e pensa atopalo. É moito tempo xa dende que comezou a búsqueda, e sabe que non ha quedar moito, máis pregúntase se lle quedará moito a el tamén. Non é o mozo que partiu á carreira cando Ela llo pediu, cada día é máis e máis dificil manterse en pe, o pelo xa non ten a mesma cor ca aquela tarde de finais de outono, a pel, que aquel día refrescaba o salitre, xa non ten a mesma tersura.
Arriscou moito na búsqueda. Paga a pena, está claro, pero o prezo é alto… non é unha sombra do que foi, perdeu aquilo que tiña, e ademáis, descubriu que todo aquilo non era nin remotamente real.
Xime, mentres sube ao cabalo, o corpo pasa factura. Máis vale atopar o Sangrial, coa esperanza de atopar dentro a sua felicidade. Ou de que a Dama lle axude a atopala.

09 julio 2010
Boga!
Ao mar doelle algo hoxe. Amosa esa rabia de cor verde grisácea. A mesma que, según contan as lendas, levouse ao mellor mariñeiro do lugar, que saiu a salvar ao seu amigo nunha noite de tempestade, na que nin sequera o faro da illa conseguíu dar luz ao seu escuro sino, nin as redes serviron pra recoller as bágoas que se verteron no porto.
O mar non piedade. Levounos a dar a volta ao mundo por primeira vez. Fíxonos baleeiros. Deunos de comer. Levóuse aos nosos fillos. Nolo ensuciaron de negro. E así, forxamos séculos de historia collidos da man, dende que crímos nas maldicións de Ortzi, ata que hoxe empregamos as zodiacs e balandros, pasando polos que o cruzaron pra facer as Américas ou as traineras que compiten por un chisco de gloria.
É o espello de épica e traxedia no que nos miramos cada día, mentres moi ao lonxe, onde mar e ceo son un, aínda se escoita o berro.

25 junio 2010
Sobreinformación
Un post ñoño i estúpido. Odioo. Pero non me servirá de nada borralo.
O meu problema é ser demasiado consciente. Ter sobreinformación. Saber en cada instante que é o que ocurre con exactitude. Meu problema é que por moi alerta que esté, por moita distancia que poña entre os acontecementos i eu, estos exprímenme ata sacar a derradeira pinga que hai en min. Ás veces enfurezco, ou caio rendido sen poder loitar máis. Ás veces afúndome na tristura, ou lle fago un corte de mangas á vida.
Levo moita merda dentro e non sempre consigo sacar a basura.

23 junio 2010
Acuarela
Aquel homiño tiña unha vida de acuarela. Acuosa, diluída. Tiña unha vida cuxo pincel necesitaba un relevo xeracional. Soñou con grandes cousas. No sorteo lle tocaron as pequenas. As inservibles. Aqueles grises obxetos que, unha vez que aparecen, moltiplícanse ata que todo se reduce a eso. Ata que non hai nada máis. Pérdense as referencias do que tería sido mellor. Apréndese a funcionar co "irremediablemente é así". Acuarela de cores apagadas que buscan unha luz, que saben que existe, pero non saben onde coño se meteu.
22 junio 2010
Sensible
Estou sensible*. En vez dunha aperta, recibo os tons crueis do teléfono. En vez dunha esperanza, plans nos que un non ten lugar. E así, sen pena nen gloria, dende esta pequena fiestra ao aire, desexaría ser aquel acorazado que ninguén logrou derribar. Pero non. Un bote batido pola marexada. Ninguén. Hoxe non podo ser alguén. Ou sí? Hoxe estou sensible. Agradecería que ninguén me fixera dano. Facilitaría as cousas.
*Sen ganas, nen forzas, vulnerable e tenro. Só.
*Sen ganas, nen forzas, vulnerable e tenro. Só.
20 junio 2010
Estío
A soidade non desexada bótase sobre min. Unha puta conta atrás que me atrapa. So sei mirar cara ela e asustarme. Coma neno pequeno. Coma peixe chico.
Estou roto. Desfeito, esnaquizado, esmagado. Peor aínda, coido que polo camiño perdéronse pezas. E por máis que busco, non traio sobreciño para pedilas a fábrica.
Necesito pensar en min, mirarme ao embigo de cando en vez, xa o sei, pero eu non son así.
Gustaríame, pero non sei como. Así que tí, se de verdade te importo, por favor, faino por min.
Mírame, cóidame, rífame, quéreme, apértame, despeitéame, protéxeme dos meus medos, dos silencios, das soidades e das saudades, das malas persoas, dos intereses dos interesados. De min mesmo.
Pero non me deixes aquí. Teño frío.

19 junio 2010
Receita
Cecáis si o soubera. Sei cal é o prozac que aliviará estos latigazos aos que me somete a rutina e miña contraproducente forma de ser. É posible que sí. Pero non teño a receita. Sen receita non me darán nada na farmacia. Por moi pesado ou moi violento que me poña. Non. "Usted no está autorizado".
E non me atrevo a pedilo. Tampouco creo que meu médico se atreva. Implica demasiado. Non sobrevivir. Vivir. Implica recibir unha aperta cando fai falla. Un bico cando se necesita.
E iso é moito pedir.
E non me atrevo a pedilo. Tampouco creo que meu médico se atreva. Implica demasiado. Non sobrevivir. Vivir. Implica recibir unha aperta cando fai falla. Un bico cando se necesita.
E iso é moito pedir.
17 junio 2010
Medos
O ceo está branco hoxe. Un pouco gris a ratos, un pouco azul ás veces, pero principalmente está branco. Miro ao ceo dende a fiestra do cuarto, lembrándome o medo que teño a voar. Non é un medo incontrolado, se non un medo xordo, sen máis. Un medo deses que afrontas pechando os ollos e os puños, agardando a que pase. Coido que é o mesmo medo que lle collín á vida unha vez, e que a base de sacudidas e cristais rotos, vencín.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)