Mostrando entradas con la etiqueta fechas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fechas. Mostrar todas las entradas

06 mayo 2015

Vintesete.

Esta vez son vintesete. Bonito número, anque levo un ano a gastalo.
E, polo que vin, non aporta nada novo. Os anos son cifras, e nada máis. Non son máis listo, nin máis guapo, nin máis nada que cando comecei este espacio.
O que si teño son máis cicatrices. Máis erros. Anécdotas. Aventuras. Viaxes.
Supoño que a iso se refiren con aquilo da experiencia; pero non vos equivoquedes, errarei de novo.
E ás veces, adrede.

06 mayo 2011

Vintetres

Hoxe cumplín 23 anos. Sempre dixen que gustaba de cumprir anos, que era sinal de experiencia, un bo sinal. Ata este ano, No que me decatei de que a experiencia vale máis ben pouco e que pasamonos a vida improvisando ante novas situacións que nunca sabemos moi ben como afrontar. E que, a trompicóns, torpemente, afrontamos.

Cumprir anos é iso. Cumprir anos. Decatarte das tuas equivocacións do pasado e prometerte que non o repetirás. Que a partir de hoxe, portaraste ben. Niso seméllase un pouco ao un de xaneiro. Pasas o día entre chamadas e felicitacións e o rematas non sen certa morriña, pensando que o tempo pasa e que aquilas cousas que dixeche que ías facer, siguen ahí, collendo po no caixón das intencións.
Parece tarde pra case todo…

24 diciembre 2010

Aquel

Non me gusta nadar. Tampouco son moi destro pilotando tanques. É unha cuestión de visión do mundo, supoño. Por iso, as celebracións familiares teñen o seu aquel. Seu aquel sociolóxico, que non emotivo. A min a emotividade esquecéuseme na parada do autobús. As máis hipócritas, aquilas nas que ninguén se soporta, pero poñen cara de que todo está boísimo, esas si que son xugosas.
E non o cordeiro pasado de rosca que están a comer.

01 noviembre 2010

Mortos

Hoxe é un día no que estamos todos mortos. A xente vai aos cemiterios, a limpar un pouco a tumba do avó, que está feita unha merda, a lembrarse da nai dos do concello, que moito cobrar pero aquilo está do máis deixado, e a envexar as flores dos do lado ou mofarse da deixadez dos Martinez.
Fai tempo que non vou poñerlle flores a ninguén. Meus mortos estan noutro lugar.
Xogándose as gargalladas ao tute. Ou as penas ao mus.
Eu que sei.

02 mayo 2010

2 de Maio

Descúlpenme a saída de ton de hoxe, pero a ocasión o merece.

Non nacín nunha familia das que chaman "estructuradas". Crecín sen pai, xunto aos meus avós, o meu padriño e a miña nai. A configuración do fogar mudou moito co tempo, uns viñeron e outros marcharon, pero o principal, non cambiou, meus avós quedaban ao meu cargo mentres ti ías a traballar… inventaches os dias de 30 horas, para poder facer todo o que querías. Crecín cos videoxogos, dende pequeno. Apañeimas (relativamente) so dende os 13 anos, cociñei (como pode cociñar un cativo desa idade) freguei, fiquei na casa, mentres ti ías a traballar…
E, aínda así, sempre estiveches nos momentos importantes, sempre que fixo falla, sempre que foi necesario.
Apoiachesme en todas as miñas decisións, foran as que foran, e puxeches todo da túa man para que saira adiante.
E, ao cabo, síntome realizado cunha cámara nas mans, cociño de marabilla, encantanme os pequenos momentos de soidade, e gústanme as charlas sen máis obxetivo…
Así que, despois de todo ti, nai solteira e sen saber nada do mundo, que criaches a un neno que xa non poderás dobrar en idade, non o fixeches tan mal.
Os dous sabemos o que queremos, como o queremos, e cando o queremos. Temos as nosas ideas, e as nosas convincións, e ninguén nos vai sacar delas; vivimos nos nosos días de infinitas horas pra facer todo aquilo que é necesario, e facemos as cousas ao noso xeito. Escollamos o que escollamos, seguiremos ata conseguir o que queremos, equivocarémonos, enfadaremos, agobiarémonos, e todo pola nosa idea.
Non importa se as cousas se complican ou non, porque sempre se atopa unha forma de seguir adiante, porque cando queres algo, as dificultades non son máis que pequenos contratempos.
E ai! do que nos leve a contraria.
En definitiva, se os nosos camiños entrecrúzanse menos que antaño, non importa, porque non necesitas ver a alguén para saber que está ahí, e, que cando sexa necesario, aparecerá na seguinte encrucillada.