Non me gusta nadar. Tampouco son moi destro pilotando tanques. É unha cuestión de visión do mundo, supoño. Por iso, as celebracións familiares teñen o seu aquel. Seu aquel sociolóxico, que non emotivo. A min a emotividade esquecéuseme na parada do autobús. As máis hipócritas, aquilas nas que ninguén se soporta, pero poñen cara de que todo está boísimo, esas si que son xugosas.
E non o cordeiro pasado de rosca que están a comer.
1 comentario:
Por certo o aspecto do blog é boísmo. Erelodemomaior.
Publicar un comentario