01 diciembre 2010

Estabilidades

Anotación mental rápida:
A estabilidade está sobrevalorada. Amósannola dende que somos crios como A GRAN META MAIÚSCULA. Traballo, casa, coche, nenos. A estabilidade está sobrevalorada e nembargantes, edúcannos únicamente pra aspirar a ela. Non somos quen de manexarnos neste mundo cambiante, cheo de relacións endebles cos demáis, co governo e con nos mesmos. Non nos din que todo é unha gran mentira. Que é unha falsa paz entre treboada e treboada.
Por que?

1 comentario:

Lechuga dijo...

porque os que nos educan tampouco saben manexarse neste mundo... ignorantes que tutelan a rapaces mais ignorantes...