02 mayo 2010

2 de Maio

Descúlpenme a saída de ton de hoxe, pero a ocasión o merece.

Non nacín nunha familia das que chaman "estructuradas". Crecín sen pai, xunto aos meus avós, o meu padriño e a miña nai. A configuración do fogar mudou moito co tempo, uns viñeron e outros marcharon, pero o principal, non cambiou, meus avós quedaban ao meu cargo mentres ti ías a traballar… inventaches os dias de 30 horas, para poder facer todo o que querías. Crecín cos videoxogos, dende pequeno. Apañeimas (relativamente) so dende os 13 anos, cociñei (como pode cociñar un cativo desa idade) freguei, fiquei na casa, mentres ti ías a traballar…
E, aínda así, sempre estiveches nos momentos importantes, sempre que fixo falla, sempre que foi necesario.
Apoiachesme en todas as miñas decisións, foran as que foran, e puxeches todo da túa man para que saira adiante.
E, ao cabo, síntome realizado cunha cámara nas mans, cociño de marabilla, encantanme os pequenos momentos de soidade, e gústanme as charlas sen máis obxetivo…
Así que, despois de todo ti, nai solteira e sen saber nada do mundo, que criaches a un neno que xa non poderás dobrar en idade, non o fixeches tan mal.
Os dous sabemos o que queremos, como o queremos, e cando o queremos. Temos as nosas ideas, e as nosas convincións, e ninguén nos vai sacar delas; vivimos nos nosos días de infinitas horas pra facer todo aquilo que é necesario, e facemos as cousas ao noso xeito. Escollamos o que escollamos, seguiremos ata conseguir o que queremos, equivocarémonos, enfadaremos, agobiarémonos, e todo pola nosa idea.
Non importa se as cousas se complican ou non, porque sempre se atopa unha forma de seguir adiante, porque cando queres algo, as dificultades non son máis que pequenos contratempos.
E ai! do que nos leve a contraria.
En definitiva, se os nosos camiños entrecrúzanse menos que antaño, non importa, porque non necesitas ver a alguén para saber que está ahí, e, que cando sexa necesario, aparecerá na seguinte encrucillada.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non é doado sentarse á beira do camiño, perdidos na escuridade sin gps que nos leve a ningures, e non sentir medo
Botarei andar, a lóxica dime que dese xeito atopareite de novo