Non sei que son peores, as cousas que me pasan por falar ou por non falar (estas segundas, sempre máis abundantes). As cousas que me pasan por ser tan ausente, tan distante, tan… así; ou as que me pasan por non ser doutro xeito. Fai séculos que non me sincero, por medo á miña propia verdade. Observo demasiado e co pouco que me gusta o que vexo, o tolero. Porque hai que tolerar.
Se todo saíra segundo o previsto, posiblemente non merecería a pena vivilo.
Pero unha cousa é unha cousa. E outra cousa é, outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario