Parellas lapa. Desas ás que parece que lles deron unha pasadita de superglue e ale, á rua tomar vento fresco. Biquiño aquí. Apertiña alá. Agarradiños da man para non perderse. Aloumiño aquí. Sorrisiña tenra alá. E así pasan a tarde, de sandez en sandez, mirando por enriba do hombro aos transeúntes solitarios. Enfríandose o café con leite, endulzando o xa de por sí acaramelado ambente, e despedíndose no portal coma se o fin do mundo fora suceder esa noite.
E nembargantes, non sei por que, teño a sensación de que todo iso podería desmoronarse nunha milésima de segundo. Do cielito lindo ao miserable inferno hai unha distancia moi curta.
Obsesioname o asunto.
1 comentario:
e interminables chamadas telefónicas
Publicar un comentario