07 mayo 2010

Tren

É así. Está ben. Aquilo que xira polo noso arredor, non ten por que estar en contacto con nos. Non. Nin sequera se nos botamos a camiñar até a friaxe. Poderíamos permanecer alleos. Coma quen divisa pobos abandoados dende o tren. E neve. E esa nena xogando cunha rama.
Sabemos que é un soño que se nos nega.

No hay comentarios: