01 noviembre 2010

Mortos

Hoxe é un día no que estamos todos mortos. A xente vai aos cemiterios, a limpar un pouco a tumba do avó, que está feita unha merda, a lembrarse da nai dos do concello, que moito cobrar pero aquilo está do máis deixado, e a envexar as flores dos do lado ou mofarse da deixadez dos Martinez.
Fai tempo que non vou poñerlle flores a ninguén. Meus mortos estan noutro lugar.
Xogándose as gargalladas ao tute. Ou as penas ao mus.
Eu que sei.

1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

Non me chistan os camposantos. Curiosamente o de Antas está ubicado no campo das Antas, que por fagocitación fonética todo quisque lle chama campo das santas...