22 junio 2010

Sensible

Estou sensible*. En vez dunha aperta, recibo os tons crueis do teléfono. En vez dunha esperanza, plans nos que un non ten lugar. E así, sen pena nen gloria, dende esta pequena fiestra ao aire, desexaría ser aquel acorazado que ninguén logrou derribar. Pero non. Un bote batido pola marexada. Ninguén. Hoxe non podo ser alguén. Ou sí? Hoxe estou sensible. Agradecería que ninguén me fixera dano. Facilitaría as cousas.

*Sen ganas, nen forzas, vulnerable e tenro. Só.

No hay comentarios: