A soidade non desexada bótase sobre min. Unha puta conta atrás que me atrapa. So sei mirar cara ela e asustarme. Coma neno pequeno. Coma peixe chico.
Estou roto. Desfeito, esnaquizado, esmagado. Peor aínda, coido que polo camiño perdéronse pezas. E por máis que busco, non traio sobreciño para pedilas a fábrica.
Necesito pensar en min, mirarme ao embigo de cando en vez, xa o sei, pero eu non son así.
Gustaríame, pero non sei como. Así que tí, se de verdade te importo, por favor, faino por min.
Mírame, cóidame, rífame, quéreme, apértame, despeitéame, protéxeme dos meus medos, dos silencios, das soidades e das saudades, das malas persoas, dos intereses dos interesados. De min mesmo.
Pero non me deixes aquí. Teño frío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario