23 junio 2010
Acuarela
Aquel homiño tiña unha vida de acuarela. Acuosa, diluída. Tiña unha vida cuxo pincel necesitaba un relevo xeracional. Soñou con grandes cousas. No sorteo lle tocaron as pequenas. As inservibles. Aqueles grises obxetos que, unha vez que aparecen, moltiplícanse ata que todo se reduce a eso. Ata que non hai nada máis. Pérdense as referencias do que tería sido mellor. Apréndese a funcionar co "irremediablemente é así". Acuarela de cores apagadas que buscan unha luz, que saben que existe, pero non saben onde coño se meteu.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A cara escura da lúa neste blog...quen ía dicir que tes sentimentos!
Publicar un comentario