10 julio 2010

Dama

Tralo encontro, o cabaleiro abandoa o vello castelo. Obsérvase, e o que ve, non é o mesmo que viu a última vez que deixaba estas murallas. Sobre el píntanse mil cicatrices, mil marcas, o corpo xa non é o mesmo, e o camiño é máis duro agora. O Sangrial sigue ahí, e pensa atopalo. É moito tempo xa dende que comezou a búsqueda, e sabe que non ha quedar moito, máis pregúntase se lle quedará moito a el tamén. Non é o mozo que partiu á carreira cando Ela llo pediu, cada día é máis e máis dificil manterse en pe, o pelo xa non ten a mesma cor ca aquela tarde de finais de outono, a pel, que aquel día refrescaba o salitre, xa non ten a mesma tersura.
Arriscou moito na búsqueda. Paga a pena, está claro, pero o prezo é alto… non é unha sombra do que foi, perdeu aquilo que tiña, e ademáis, descubriu que todo aquilo non era nin remotamente real.
Xime, mentres sube ao cabalo, o corpo pasa factura. Máis vale atopar o Sangrial, coa esperanza de atopar dentro a sua felicidade. Ou de que a Dama lle axude a atopala.

No hay comentarios: