29 marzo 2010

Tren

Onte, a xente non se aclaraba en que andén debía colocarse. Estaba sinalizado coma sempre, avisado pertinentemente coma sempre. Pero onte non se aclaraba. Non sei por que.
A xente onte non chegaba a coller o tren. Tentaban manter abertas as portas, mais estas pechabanse inevitablemente. Chegaban sen alento, para nada. Golpeaban o vidro, para nada.
E mentres, no fío musical do vagón, soaba un villancico en pleno comezo da primaveira. Quixera saber por que.

No hay comentarios: