06 marzo 2010

Indecisión

A metade dos semáforos da cidade non funcionan, polo que temos que xogar a adiviñar se están en vermello, verde ou ámbar. Chego tarde porque non me decido. Porque me parece que as posibilidades son moitas. Que calquera podería valer. Ou que realmente é igual de nefasto pra a humanidade que esté dunha cor ou outra. Chego tarde porque me pregunto que pasará despois.
Cando nin sequera sei que pasa agora.

No hay comentarios: