11 marzo 2010

Mochila

Onte, xunto ao río, cruceime cunha rapaza que choraba desconsoladamente. Ás súas costas cargaba cunha mochila e camiñaba golpeando o chan rabiosamente cos pes. Cada vez que vexo a un descoñecido chorar, párteseme algún pedazo de ialma. Coma se o mundo ás veces resultara demasiado humano. Pero xamáis paro a consolar a esas persoas. É coma se tivera medo, coma se ese descoñecido tivera mil causas que botarme en cara. Mil causas pra meter a vuda nunha mochila e botar a andar.

No hay comentarios: