20 marzo 2010

Fogar

Pensou que a vida era algo o suficientemente raro como pra que pagara a pena ser vivido. Que era un cruce de carreteiras e casualidades na que os semáforos ás veces funcionan e ásveces non. Pero non parece importar demasiado. Atopábase a punto de chegar ao que podía chamar fogar. E nembargantes, as cousas semellaban trocar constantemente de sitio. E así soubo que o que cría que era unha casa non era máis que unha idea tonta. Unha máis que a educación e as conversacións alleas do transporte público lle meteran na cabeza.
Non valía nada máis.

No hay comentarios: