Cando non é egoísmo, nen tampouco envexa. Cando non é avaricia, nen rencor. Cando non é querer máis, nen querelo mellor. O que é, é pobreza de espírito. E os pobres de espírito aparcan súas almas en segunda fila. Deixan que queden sen batería, en silencio. Que se pechen sobre sí mesmas, a cal e canto. Os pobres de espírito non teñen con que alimentar seus sentimentos. Tan só as hogazas de pan rutinarias que algún departamento de asuntos sociais encárgase de repartir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario