09 marzo 2010

Linguas

Gustaríame falar nunha lingua na que fora posible dicir "estou aquí" de 300 xeitos diferentes. Deixar de quedarme durmido no momento menos oportuno. Facelo cando tí me miras. E sentirme protexido pola palma da túa man. Pola túa lingua incomprensible na que hai 300 xeitos diferentes de dicir "non te preocupes". Non peches a porta ao saír.
É posible que bote a correr tras de ti.

No hay comentarios: