19 marzo 2010

Ven

Alguén dixo que tiña ollos de non ser o que aparentaba. Miraba dende abaixo, con intensidade case oriental. A ausencia dos seus párpados provocaba certa inquedanza, a medio camiño entre a nena inxénua e a femme fatale. Entre a interrogante e os puntos suspensivos. Sentou na barra dun bar decadente pero con pretensións. Acendeu un cigarro. Ao seu carón, un home cuspía súas últimas miserias nun vaso. Só. Maior.
Alzóu a vista pra mirala detidamente. Ela dixo "ven".
Nada mais souberon de ningún dos dous.

No hay comentarios: