15 febrero 2010

Touché

Sutilezas a un lado, son especialmente negado pra o esgrima. Non sei defenderme, descuidome cada dous por tres, e teño moitos puntos realmente vulnerables, unhas cantas debilidades, e o fago todo a destempo. Meu ataque pode resultar máis espectacular que efectivo, alocado, desordeado, tentando á sorte dun contragolpe letal, que sempre ocorre, cando todo o mundo o agarda menos eu, e me dan, aquí cerquiña do órgano latexante, onde máis rabia dá.
Eiquí me tes, mestre da tanxente, eiquí me tes, desarmado, desalmado, espido e fráxil, inseguro e desorientado, escribindo unha gran interrogante co vaho que sae da miña boca.
Quitei o casco e as proteccións.
Teño frío.
Touché.

No hay comentarios: