06 febrero 2010

Todo

Cambiar de roupa. Por todas esas veces que alguén me axudou a erguer. Por todas esas mans que son botadas ao aire, sen máis interese. Por todos os sorrisos, os non importa, os está ben. Por todas as gracias non dadas, e os favores endebedados. Polas malas palabras, os momentos tristes, as miradas duras e os desencontros.
Por ese momento no que te decatas do importante que é algo e non o queres perder. Polas loitas contra vento e marea. Polos empurróns, os golpes, as bágoas. Pola choiva, diluvio e temporal. Polo vento e o vendaval.
Cambiar de roupa. Poñer o mono de traballo, o traxe de soldado, saír a loitar. Por facer, por unha puta vez, aquilo que tes que facer.
Por loitar, súar, sangrar, chorar, sufrir.
Por esas veces nas que todo esto paga a pena.
Porque hai cousas que son importantes, e hai cousas que o son todo.

No hay comentarios: