07 febrero 2010

Berlín

Pechei os ollos. Imaxinei unha noite chuviosa de Berlín. Por unha calella cheguei a unha tenda. Nela, un uniforme do exército da Alemaña Democrática abandoado. Fun ese obxeto. Pensei que era algo que debía ser esquecido. A xente non debía recordar nada de min. Pensei que agora estaba prohibido. Ninguén debía ser visto comigo. Volvín a ser eu. Mirei o uniforme, toqueino. Era groso e áspero. Era pasado.

No hay comentarios: