12 febrero 2010

Hipermetropía

A aquela nena hipermétrope sentárona na primeira fila, onde ninguén quería sentarse, ao lado do neno que non sabía falar en voz baixa, tiña un alento terrible e aspiraba a ser electricista algún día. A nena hipermétrope, que de preto vía máis ben pouco, a forza de proximidade e de poñerse unha pinza no naris, namorouse do neno halitósico. A súa relación foi progresando, sempre mantendo as formas, ata que un bo día, en plena clase de Coñecemento do Medio, o neno que non sabía susurrar berroulle á nena hipermétrope "quero verte as braguiñas".
A sonora gargallada da clase e a reprimenda da mestra cargaronse o seu amor.

No hay comentarios: