Os abucheos sucedéronse cando o xerente da empresa de caixas de mistos anunciou un recorte no suministro de rosquillas pra o almorzo. Aos empleados a medida pareceulles o prolegómeno de algo moitísimo peor: a eliminación total ou parcial do xabón de mans do servicio. Con esa medida, non terían con que limparse cada vez que tomaran unha decisión equivocada, fixeran algo rematadamente mal, ou se escaquearan dalgunha obriga. Malos días pra os imprudentes.
Peores aínda pra os adictos ás rosquillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario