17 febrero 2010

Aire

Hoxe son vendaval. Son tempestade. Son ventisca. Máncame, e caerán sobre ti os ventos do norte, elegantes, triunfais. Faime sufrir, e arremolinareime onde estés, ata non deixar nada no sitio. Moverei edificios, sobrevoarei campos, acariciarei ó mar, chegarei ao máis alto. Tumbarei arbores, roubarei sombreiros, arrancarei suspirose dobrarei paraugas. Bailarei coa choiva, coquetearei co sol.
Mañá, arrepentireime e serei brisa ao teu carón. Bordearei as tuas meixelas e fareite estremecer cando roce os teus beizos.
Mentres, agarrense os cabelos, porque non penso deixar un no lugar.

No hay comentarios: