Os hoteis para infieis son pequenos e coquetos. Xeralmente están alonxados, e as recepcionistas saben moito. Teñen un Máster en Análise de Hipocresía e Apariencia. Os infieis chegan con cara de ir a xogar ao xadrez, coma se nada máis que unha extensa partida entre amigos fora a ocorrer. Coma se ningún dos presentes no hall soubera que non deixarán poro de pel sen espir. Pero o protocolo é así. Caras serias. Certo aire solemne. O que ocorre é importante. Nomes falsos. Unha porta que se pecha ao fondo do corredor.
O resto, o calan as paredes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario