08 febrero 2010

Rótulos

Recoñezo que me hipnotizan as tiras de información que van rotando nas cadeas especializadas en ídem. Pasan a gran velocidade, unha e outra vez, con pequenas variantes. Son grandes noticias, breaking news -noticias que se rompen ou noticias rompedoras-, de xente importante, ou de xente pequena, que máis dá. Ás veces preguntome se algunha vez a quen escribe os rótulos non se lle colará na sua vida cotiá un día desos de mala leite, nos que fas todo o o posible pra que te boten do traballo. Podería poñer que "este busto parlante tírase á de contabilidade" mentres o busto en cuestión, fala con tenrura e emoción sobre a apertura dun hospital pra nenos poliomelíticos en Ohio.
Aos nenos do hospital faríalles moita gracia.

No hay comentarios: