Ao final do pasillo atópase Penélope, coa fea decadencia do esquencemento, tecindo buratos imaxinarios, que destrúe e reconstrúe, unha e outra vez, á espera de que seu Ulises volte da súa rutinal laboral, esa que lle absorbe o tempo e as entrañas.
Mentres, Telémaco, que está a engordar de non facer nada, non sabe se ser un cobarde camuflado de heroe coma seu pai, ou lanzarse a unha piscina baleira, de cabeza, e facendo unha pirueta no ceo.
Eso si, cun inútil flotador posto. Por se acaso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario