13 enero 2010

Supermercado

Levaba mal todo o que non decidía e lle era imposto por decreto. Mal, o ter que dar explicacións e respostar a preguntas. Levaba mal as crises, as inxustizas e os fraudes. As guerras, os mortos e os golpes. Levaba mal o non saber dicir que non e enriba poñer boa cara. Levaba mal ser e non ser e querer ser e non ser á vez. Levaba mal iso e todo o contrario.

Levábao mal. Nunha bolsa de supermercado.

1 comentario:

Lechuga dijo...

as veces penso que non son quen son, as veces non ó penso, a veces non son quen son. Son outra persoa a maioría do tempo. Ou non.