Unha das cousas que me contaran sobre o poker, é que é como a vida, e que se algunha vez xogaba, cecáis o entendería.
Fai unha seman, non sabía xogar, pero agora, e tras xogar máis ben pouco, coido que comprendo algo.
Non se trata de gañar sempre, se non de agardar a man boa, mentres perdes pouco a pouco. Chega un momento no que a sorte mírate á cara e te sinala. Nese momento é cando tes que pór toda a carne no asador, apostalo todo. Porque ainda que perderas durante moitas mans, só con que gañes esa, todo pagará a pena.
Supoño que a vida é algo parecido, perdemos man tras man, pequenas cantidades, agardando pacientemente que a sorte nos mire á cara.
E entón, faino. E todos eses anos de espera, pagaron a pena.
Gañas a man, gañas a vida.
Só hai que agardar.
3 comentarios:
Yo sé jugar a la escoba, no sé si vale de algo...xD
encantame a comparación! agora entendo porque so recordo os momentos nos que gaño e esquezo aqueles nos que perdo! ^^
un bikiño raparigo!
Gústame moito este texto. Vémonos mañán que empezo os exames.
Publicar un comentario