28 enero 2010

Corsé

Hoxe erguinme co corpo dickensiano. Como de novela decimonónica. E non sei, teño a sensación de vagar por rúas máis grises i escuras do habitual. Que ao meu redor a xente é máis desgraciada. Que estou só, loitando inútilmente contra os elementos. E que tras este velo de insolente indiferencia que me cubre últimamente, existe unha paixón, un tormento e unha frustración.
É odioso este corsé.

1 comentario:

Lechuga dijo...

pobretoliño! quita o corsé e deixa que as lorzas anden ó seu aire!
recibe unha aperta!