Vivo confuso. Non sei se veño, ou se vou. Nin cara onde me dirixo. E, ben mirado, non me importa. Deixo caer os días, as noites, busco. Busco algo, non sei que, pero busco. Pérdome en miradas, en palabras, en lugares, en momentos...
Pérdome, pero sei que estou perdido. Estou perdido, e non sei que camiño coller.
O tempo pasa, e cada vez teño menos claro o que fago. Actúo por inercia, desfrutando os poucos momentos nos que sei onde estou, e onde quero estar. Nevou. Sacoume un pouco do meu letargo. Retomei amizades, visitei lugares perdidos. Quero recuperar a vida estresante, un pouco aqui, outro alí; que non teña tempo a facer todo o que quero. Quero lugares, quero música, quero festas, quero conversas, quero bagoas, quero sorrisos, quero rifas...vivir, sentir, sufrir...quero perder o control outra vez. Non saber se veño, ou se vou, pero correr cara adiante. Correr pola praia, tirarme no mar, saltar un cantil, correr polos tellados da cidade. E, na proxima esquina, cruzarme contigo.
4 comentarios:
ui que morriñento te vexo... conversa ata as 5 da mañá??
conversa ata as cinco da mañá?
Gustame o final... gustariame cruzarme contigo que fai moito que non nos vemos. Bicos!!!
ten gracia que fai moito que non vexa a un comentarista anonimo
Publicar un comentario