Aquela nena, que non era tan nena, decidíu encerra-la súa vida nunha cáscara de noz para que ninguén poidera tocala. Dáballe pánico sufrir, e emporca-los preciosos vestidos que a súa nai lle fixera con feridas que non deixaran de sangrar. Un día, un home chamou ó timbre da súa cáscara. Vendía enciclopedias. Eso foi o que dixo. Mentíu. Pertencía a unha secta que tomou a vida da nena e meteuna nun cascarón aínda menor.
Despois de este retraso, publico algún post extra, xestados durante varios días pero que aínda non me atrevera a lelos nunha pantalla, este primeiro creceu hoxe na clase de cc.pp. grazas a unha frase de Carmen.

No hay comentarios:
Publicar un comentario