20 noviembre 2005

Adeus

Apenas reúne forzas. A terra traga as súas palabras. Qué difícil e dicir adeus, cando realmente o que se desexa dicir é "quédate ó meu carón". Para sempre. Por enriba de todo. E el quixera escribir unha historia chea de dignidade e orgullo, que lle axudara a cuspir este nó que ten na gorxa. Que lle indicara o camiño cara diante. E nembargantes, so se lle ocorre a canción máis triste do mundo. Esa que irrita os seus ollos e quebra a sua voz. O neno que hai nel chora so no patio. O inverno será frío.

No hay comentarios: