01 diciembre 2010

Estabilidades

Anotación mental rápida:
A estabilidade está sobrevalorada. Amósannola dende que somos crios como A GRAN META MAIÚSCULA. Traballo, casa, coche, nenos. A estabilidade está sobrevalorada e nembargantes, edúcannos únicamente pra aspirar a ela. Non somos quen de manexarnos neste mundo cambiante, cheo de relacións endebles cos demáis, co governo e con nos mesmos. Non nos din que todo é unha gran mentira. Que é unha falsa paz entre treboada e treboada.
Por que?

26 noviembre 2010

Eu

Esto que escribo non pode ser máis que eu, palabras que toman forma tras cada pulsación, palabras que caen do máis adentro de min, feas, crudas, sen limar nen decorar. Palabras que rasgan a miña ialma, pra bater nunha pantalla; que me rachan por dentro, con sabor a sangue, a bagoa, a sorriso. Puras, nítidas. As miñas merdas, as miñas teimas, as miñas cousas.
Se sigues aquí, gracias. Se non, o entendo.
Ser eu é agotador coma pra comprender a un ti.

01 noviembre 2010

Mortos

Hoxe é un día no que estamos todos mortos. A xente vai aos cemiterios, a limpar un pouco a tumba do avó, que está feita unha merda, a lembrarse da nai dos do concello, que moito cobrar pero aquilo está do máis deixado, e a envexar as flores dos do lado ou mofarse da deixadez dos Martinez.
Fai tempo que non vou poñerlle flores a ninguén. Meus mortos estan noutro lugar.
Xogándose as gargalladas ao tute. Ou as penas ao mus.
Eu que sei.

12 septiembre 2010

01 septiembre 2010

Tarta

A pequena vendedora de froitos secos puxo un anuncio por palabras pedindo a berros alguén con quen compartir unha tarta de boda. Non quería casarse, tan só os bonequiños decorativos. Presentáronse multitude de aspirantes, de tódalas formas e cores. Algúns foron descartados polo cheiro, outros, pola dentadura, a gran maioría por non saber pelar améndoas correctamente. Ningún lograba convencela gratamente, ata que apareceu o funcionario da administración das cousas pequenas, que curiosamente medía case dous metros e de cousa pequena tiña máis ben pouco. Cun pestanexar rítmico e un riso contaxioso conseguiu que a pequena vendedora o aceptara tal e como era.
Él comeu a tarta. E se non chega a darse presa a pequena vendedora de froitos secos, tamén se tería comido os bonequiños decorativos.