01 agosto 2010

Promesa

Levouse tódalas súas promesas incumplidas consigo, coma pantasmas dunha vida incompleta, coma despoxos dunha vida que ansiaba voltar a vivir.

27 julio 2010

Devanceiros

Botamos a correr por unha estrada secundaria que remataba nunha gran explanada.
Alí atopamos a tódolos nosos devanceiros. Elas vestían de negro, como as noivas. Eles estaban sentados coa dignidade de quen non é quen de aflorar emoción ningunha. Mirámonos aos ollos. Non dixemos ren. Non soubemos dicir ren. Aquilo tiña demasiado aspecto de conto de outono.
Eles, sepia. Nos, Polaroid.

24 julio 2010

Descalzos

Onte á noite, sentei na herba e mirei ao ceo. Poucas estrelas. A xente berraba nas ruas. Eu, tomaba un refresco. Red Bull. Este é o mundo. Esta é a vida. Estos son os momentos. Hai cousas que podo cambiar, e hai cousas que non. O posible e o irremediable. Mirei meus pes descalzos. Vinme coma un neno, que ten ganas de xogar, e non atopa a ninguén no parque. Pensei que os únicos que me quedan son os descoñecidos.
Esos nunca me abandoan.

23 julio 2010

Xeonllos

Cun engorroso ton melódico e infantil.

Non teño nin pajolera idea de como tratar ás persoas. E por enriba, estas fan o que queren comigo. Son do máis manexable e que ben, ademáis veño coa vulnerabilidade de regalo. Son o pequeno sobrino da cidade, que cando chega ao pobo, todo o mundo se encarga de que manche os xeonllos.
E a vida pasa. E os paxariños cantan.

22 julio 2010

Lista

Non sei se non poden verme chorar, ou simplemente non queren. Por se acaso, pecho a porta e convírtome en silencio. Hoxe a soidade leva meu nome na sua lista de conquistas. Ou na lista da compra. Que máis da.