E mentras os coches arden en París, ti e máis eu botamos a correr polas alcantarillas. Escapando, tropezando, manchándonos con este mundo que construímos. Porque sempre gustounos o son do fuxir cobarde. Dimite. Cesa. Disolve. Retírate pra sempre da vida pública, impúdica, púbica.
Somos uns grandísimos fillos de puta.
Merda.
30 abril 2010
29 abril 2010
Nostalxias
Ainda non se sabe moi ben o porque pero fannos separar con múltiples comas e engadirnos puntos suspensivos cando o que realmente desexamos é o punto e aparte ou o punto final, se me apuras, que construa o abismo entre o que fumos e o que somos. Hai xente, á que coñezo dende hai moitos anos, cando chovía máis que agora e eu levaba chándales de lá feitos pola miña nai, que aferranse á nostalxia para non afrontar o seu propio destino. A nostalxia é só para as festas esporádicas bañadas en alcol e fundidas en apertas. Para a rutina diaria, prefiro a improvisación.
28 abril 2010
Conta
Levo días contando os días, ou contando as nubes e as pedras que se soltan ós meus pes. Levo horas vivindo a deshoras e deixando as cousas a medio facer. Conto veces de feitos desfeitos, de momentos mostaza de intenso sabor. Se queres ou quéresme ou se queres máis e peor, conta contos aos nenos que non virán á tua alcoba, que non se despegarán do tubo do televisor. Conta atrás se queres, pero polo que máis queras, conta.Conta forte.
21 abril 2010
Resumo
Resumiría a miña vida tanto, que so quedaría nunha palabra. Variable. Seguramente, incomprensible.
20 abril 2010
Tamén
Polos pequenos momentos que te fan feliz. Por ese momento no que todo ule a ela, e a cabeza viaxa libre. Pola choiva durante un dia de calor. Por ese sorriso sincero que chega ata dentro. Por romperte a ialma facendo o que queres. Polas palabras axeitadas no momento xusto. Polas palomitas da película. Polos silencios nos que se dí todo. Ou por falar e falar cando sabes a resposta.
Por todo iso, sigo eiquí.
E por ti, tamén.
Por todo iso, sigo eiquí.
E por ti, tamén.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)